Os tamaños de fonte son relativos, o que permite ao usuario ampliar ou diminuír o tamaño do texto en función das súas necesidades de visualización.
As imaxes e táboas incluídas nas páxinas incorporan unha breve descrición da información que conteñen. Deste xeito, os usuarios de lectores de pantalla ou navegadores de só texto obteñen unha mellor comprensión do significado dunha imaxe nun texto, e poden valorar rapidamente o interese da información proporcionada por unha táboa grazas ao seu resumo.
Identificouse o idioma principal de cada páxina, así como calquera cambio na linguaxe natural do texto, o que facilita o seu tratamento e comprensión aos usuarios de lectores de pantalla e sintetizadores de voz.
As páxinas posúen unha estrutura interna máis lóxica, isto redunda ademais nun rápido acceso aos contidos por parte dos usuarios que acceden cun lector de pantalla ou con navegadores como Opera.
O código XHTML e CSS empregado axústase ás gramáticas formais aprobadas polo W3C co fin de garantir a correcta visualización dos contidos en distintos navegadores e plataformas.
Separouse a información da súa presentación gráfica de xeito que os usuarios que o desexen poidan navegar polos contidos a maior velocidade, no caso de que opten por deshabilitar a descarga de follas de estilos no seu navegador.
Na Compra en liña desenvolveuse unha Versión Adaptada que fai que a navegación e comprensión dos contidos sexa máis usable e accesible para usuarios que utilizan axudas técnicas (sintetizadores de voz, navegadores,...). Ofrece as seguintes vantaxes:
Non se utiliza ningún marco.
Non presenta dependencia de tecnoloxías JavaScript para realizar operación ningunha.